¿Quién es Celsa Ogando Estevez?

Fermosa, así é como a vexo sempre, sen desfalecer ningún día. A súa vida dura, de moito traballo dende que era unha nena. E con 17 anos, o seu primeiro fillo, esa foi a súa forza. Logo aparecín eu e logo meu irmán mais novo. Fai 37 anos desta foto (e segue igual de fermosa) co seu irmá pequeno e con ese brillo na face de nai por primeira vez; un brillo que se acende cando nos ve agora xa maiores. ¿A súa historia? A súa vida, chea de obstáculos, unha vida anónima pero con moito que aportar, un exemplo de fortaleza, unha NAI.

Celsa Ogando Estevez (Bueu, Pontevedra) en el año 1978. Enviado por: Celsa González Ogando (Bueu, Pontevedra).