Unha nena de 22 anos. Unha muller da mesma idade. Unha vida por diante. Moito traballo. Mans enfermas do traballo na conserveira da zona, pero nas que a fraxilidade non ten oco. Sabe que a vida vai ser dura (xa o foi), pero non lle quita o sorriso. Daquela xa soñaba cunha vida mellor, co seu futuro compañeiro quitandolle xa horas de sono e pensamentos segredos. Infancia e madurez chocan violentamente naqueles tempos convulsos. Pero o sorriso segue ahí. Pronto, un fillo alumeara todo. E logo outro. E polo medio diso, loita tras loita. Inventora de palabras descoñecidas para min, dona da maxia dos mellores consellos, fada que me ensinou a mirar ao ceo con paixón, guerreira que me axudou a vencer os meus medos.
Decadas despois, segue a dedicarme esos doces sorrisos, que implosionan no meu corazón con forza.
Mª Ángeles Ríos Pérez en el año 1971 (Pobra do Caramiñal, A Coruña). Enviado por: Ángel (Jota) González (Pobra do Caramiñal, A Coruña).
